Thursday 25 de April de 2024

A Concellería de Deportes impulsa a iniciativa “En liña” para que a veciñanza faga exercicio na casa de forma telemática


 

Trátase dun programa de vídeos cortos que arrinca hoxe e é realizado polos monitores e monitoras das escolas deportivas municipais co fin de fomentar hábitos saudables na cidadanía

A Concellería de Deportes anuncia que hoxe
arrinca unha iniciativa para fomentar na veciñanza a práctica do deporte na casa
neste período de confinamento. Os veciños e veciñas poden acceder dese hoxe a
un programa de vídeos curtos “En liña” para realizar exercicios e combater o
sedentarismo.
Os vídeos están feitos polos monitores/as titulados/as das nosas escolas deportivas
municipais, que levan traballando días detrás desta iniciativa. Están realizados nas
súas casas coa mellor calidade que ofrecen os dispositivos de cada un, pensando
que mesmo ofrecemos un servizo público cos medios propios dos/as monitores/as
que tamén están confinados, aínda que sigan un programa definido e coordinado
por persoas licenciadas en INEF que ademais se mellora e subtitula nunha edición
previa á súa publicación.
A idea é ir colgando distintos vídeos que vaian alimentando unha biblioteca
permanente que vaia ampliándose paulatinamente para distintas idades, condicións,
etc. Os vídeos colgaranse no espazo web de Deportes na web municipal e
preséntanse como un servizo para favorecer a vida saudable da xente na situación
de confinamento do estado de alarma.